O obxectivo desta web_diccionario é facilitar a aprendizaxe do vocabulario e a comprensión lectora no alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, tamén para nenos/as que teñan descoñecemento do idioma.
Porque estamos a favor da Igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres e en contra de toda discriminación; dende a nosa biblioteca unímonos a tódalas Bibliotecas Escolares da Galicia amosando este simbólico lazo.
Teremos como obxectivo seleccionar lecturas que tanto nas súas ilustracións coma nos seus textos fomenten a coeducación e a igualdade.
Rebuscando pola rede apareceu unha páxina moi interesante para poder aproveitar ben o tempo cando nos poñemos a estudiar... non deixes de visitala premendo na imáxe que aparece abaixo:
As bibliotecas cumpren unha importante función nas escolas e na sociedade, por que se encargan de traballar cos nenos, axudándoos a desenvolver as habilidades de lectura e escritura, necesarios para o seu crecemento integral. Con todo, para acadar a súa misión debe de establecer políticas de acción que lle permitan proporcionar servizos e productos informativos didácticos e útiles para os nenos.
Entre os obxectivos que teñen que cumprir estas unidades de información, a UNESCO estableceu os seguintes:
Apoiar e realizar os obxectivos do proxecto educativo do centro escolar e do plan de estudos;
Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida;
Ofrecer oportunidades para realizar experiencias de creación e utilización de información a fin de adquirir coñecementos, comprender, desenvolver a imaxinación e entreterse;
Prestar apoio a todos os alumnos para a adquisición e aplicación de capacidades que permitan avaliar e utilizar a información, independentemente do seu soporte, formato ou medio de difusión, tendo en conta a sensibilidade ás formas de comunicación que existan na comunidade;
Facilitar o acceso aos recursos e posibilidades locais, rexionais, nacionais e mundiais para que os alumnos teñan contacto con ideas, experiencias e opinións varias;
Organizar actividades que estimulen a concienciación e a sensibilización no plano cultural e social;
Traballar co alumnado, o profesorado, a administración e as familias para realizar o proxecto educativo do centro escolar; proclamar a idea de que a liberdade intelectual e o acceso á información son fundamentais para exercer a cidadanía e participar nunha democracia con eficiencia e responsabilidade;
Fomentar a lectura e promover os recursos e servizos da biblioteca escolar dentro e fóra do conxunto da comunidade escolar.
Estes obxectivos están orientados a lograr unha maior comunicación entre os membros da comunidade escolar, co único obxectivo de lograr que os nenos poidan aprender e desenvolver os seus coñecementos en función a unha base forxada no ensino da lectura e a escritura, a través das actividades de promoción da lectura, así como cumprir cos obxectivos do sistema educativo nacional.
O pasado 12 de novembro, o Ministro de Educación deu a coñecer o centro virtual sobre a lectura, Leer.es, un espazo para o encontro de mediadores e lectores.
Posteriormente tivo lugar en Madrid, durante os días 13, 14 e 15 denovembro, o congreso Leer.es destinado a técnicos e responsables de programas de fomento de lectura, proxectos e plans lectores, programas de bibliotecas escolares, asesores e formadores no ámbito da lectura procedentes das distintas comunidades autónomas. Puideron seguirse directamente as sesións a través do blog do congreso, onde nos vindeiros días (segundo os organizadores) estarán accesibles as distintas conferencias e paneis específicos. Falouse de comprensión lectora, de adquisición da competencia lectora e escritora, de acceso á información, de plans de lectura institucionais, de formación do profesorado para unha mellor educación lectora das novas xeracións, da lectura dixital, da avaliación, das bibliotecas escolares, da lectura que favorece a aprendizaxe, das necesidades do profesorado que traballa nestes ámbitos, das novas necesidades na formación das persoas lectoras... Redactáronse unhas conclusións que estarán tamén dispoñibles neste novo espazo.
Pois tal día coma ese ... foi publicada a primeira tira de COMIC nun xornal de San Francisco, dende entón non hai prensa que se precie que non teña ese espazo. E o xénero literario do "comic" ten ben gañado o seu recoñecemento na animación á lectura en tódolos ámbitos e idades.
Estarás a preguntarte que é Bookcrossing. É un clube de libros global que atravesa o tempo e o espazo. É un grupo de lectura que non coñece límites xeográficos. Gústanche os libros gratis? Que tal os clubes de libros gratis? Pois ben, os libros que os nosos membros liberan son gratis... pero é o acto de liberar libros o que chega ao corazón de BookCrossing. Intercambiar libros nunca foi máis excitante que con BookCrossing. A nosa meta, simplemente, é converter ao mundo enteiro nunha biblioteca.
BookCrossing é un intercambio de libros de proporcións infinitas, o primeiro e único da súa clase.
Para saber máis, entra na páxina de BookCrossing-Spain, preme na imáxe inferior: