Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

BIBLIOTECA CEIP MAGDALENA

28/05/2008 GMT 1

Visita ás Fragas do Eume

biblomagda @ 20:16

dsc00750.JPG

O día 27 de Maio de 2008 o 2º e 3º Ciclo de Primaria acudiron a visitar as Fragas do Eume, un lugar dunha beleza e características únicas das que agora amosamos as fotografias.

A PAISAXE DAS FRAGAS

biblomagda @ 20:06

A fraga posúe un gran valor polo seu alto grado de naturalidade e biodiversidade. Na súa paisaxe pódense observar áreas de interese ecolóxico, tanto botánico como zoológico pois alberga 23 especies arbóreas, con predominio de carballos, castiñeiros, bidueiros, alisos, fresnos, abeleiras, acibros, teixos, madroños, chopos, arces enciñeiras e olmos. En zonas moi cálidas e húmidas ou repetidamente afectadas polo lume aparece o loureiro.

27/05/2008 GMT 1

O Mosteiro de Caaveiro. A súa historia.

biblomagda @ 19:01

monasterio.jpg

O mosteiro de Caaveiro estableceuse no ano 934 nas Fragas do Eume, (Provincia da Coruña), para acoller aos numerosos anacoretas que vivían dispersos na zona. Pero axiña, importantes donacións de S. Rosendo engrandecen o patrimonio do mosteiro recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do Río Eume e concédenlle jurisdicción sobre vilas e feligresías eximiéndolo da autoridade do arzobispado de Santiago de Compostela.
Os restos máis antigos son do século XII, destacando a igrexa que se levanta sobre un montículo moi escarpado que obrigou aos seus constructores a salvar os desniveis do terreo por medio de altos muros con contrafortes e estancias subterráneas. Do templo románico consérvase en bo estado a cabeceira e boa parte da nave. Queda tamén en pé un fermoso campanario barroco do século XVIII, obra da escola de Simón Rodríguez. A casa dos canónigos e as cociñas do monasterio tamén se conservan aceptablemente.
O conxunto foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico pola súa importancia arquitectónica.

Información e lenda sobre as Fragas do Eume

biblomagda @ 18:24

As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Agrupadas nas beiras do río do mesmo nome (84 km de longo), a extensión arbórea é a mostra principal dun sistema ecolóxico, o bosque atlántico, tan específico grazas á proximidade do mar e as profundas ribeiras do río, que o converteu, en 1997, en Parque Natural. É, xa que logo, un espazo protexido, pero visitable, que lle ofrece agradables sorpresas a quen o percorre.

Conta a lenda que Divos ao crear os tres ríos que nacen na sierra de Ou Xistral -Eume, Landro e Masma- prometeulle un home todos os anos a quen chegase primeiro ao mar. Traizoado polos outros dous, que o deixaron durmindo, o Eume tivo que cruzar vales e montañas para gañar. Por iso saíu bravo e agreste e por iso tamén se leva cada ano a vida dun home, ou se levaba antes dos embalses.

Ao longo das beiras de cinco municipios esténdense máis de 9.126 hectáreas de macizos forestales de diversas características. Nas terras máis próximas ao río crecen bosques de ribeira con base en chopos e alisos, que esconden auténticos tesouros de fieitos e musgos, específicos do parque, e tamén dúas raras especies de narcisos. Se subimos polas ladeiras dos montes, atopamos bosques de carballo. Aínda que a flora é a xoia das Fragas, tamén acollen algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e reptiles, como a salamandra, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapiña.

21/05/2008 GMT 1

"A pega rabilonga"

biblomagda @ 20:11

a_pega.jpg

“A pega rabilonga” dá título a un conxunto de relatos e cóntanos a historia dunha vella fidalga, derradeiro membro dunha familia que foi esmorecendo. Canda a familia vanse indo as propiedades. E mesmo o pazo onde malvive a vella fidalga vai sentindo os alifafes da ruína.
Á vella mantense da caridade dos veciños que noutrora traballaran para o pazo.
Os relatos teñen por título:
1.- "A pega rabilonga"
2.- "A Gavilla"
3.- "A Pedra"
4.- "A Esmeralda"
5.- "A furna"

Xogando a poñer X. M. Álvarez Blázquez nos buscadores da rede...

biblomagda @ 20:01

Mergullámonos na rede na procura de vídeos e outros contidos multimedia dedicados ao homenaxeado no Día das Letras 2008.

No Youtube poden verse varios vídeos nos que algúns músicos galegos reinterpretan poemas de Xosé María Álvarez Blázquez. Con todo, os protagonistas son os nenos e nenas de diferentes colexios que recitan a obra do homenaxeado.

Xosé María Álvarez Blázquez

biblomagda @ 19:52

xmab.jpg

Este ano o DIA DAS LETRAS GALEGAS adicouse ao escritor Xosé María Álvarez Blázquez. Engadimos aquí unha reseña da súa vida:
Nado no seo dunha familia da pequena burguesía ilustrada, Álvarez Blázquez axiña tivo contacto co galeguismo ao ingresar na Federación de Mocedades Galeguistas. No 1930 trasládase a Pontevedra estudar Maxisterio e alí escribe os seus primeiros poemas, chegando a fundar a revista Cristal con Juan Vidal en 1932. Unha vez graduado mestre, comezará Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, pero a guerra impediralle rematar a carreira. En 1935 comeza a exercer a docencia en diversas localidades da provincia de Pontevedra, mais durante a guerra é desterrado a Coreses (Zamora). Logo de cinco anos regresa a Galicia e compaxina diversos traballos coa literatura, a investigación e mesmo a arqueoloxía, chegando a dirixir numerosas escavacións realizadas en Vigo. Desta cidade rematará sendo cronista oficial.

Durante os anos corenta dedícase á creación literaria e tamén ao ensaio científico e literario, en galego e castelán. No clima de recuperación cultural que se vive en Galicia desde a publicación de Cómaros verdes (A. Iglesia Alvariño, 1947), a creación da Editorial Monterrey xunto co seu irmán Emilio en 1950 supuxo un novo paso decisivo.


Aquí comeza unha intensa actividade editorial do autor que culmina en 1964 coa fundación de Edicións Castrelos, pioneira na edición de coleccións populares como O Moucho e Pombal. Membro da Real Academia Galega desde 1962, Xosé María Álvarez Blázquez regresa á docencia a finais dos sesenta, mantendo o seu compromiso coa literatura, a arqueoloxía e a investigación.


A súa obra lírica deu para catro libros. En 1949 publicárase na colección de poesía Benito Soto -primeiro esforzo de recuperación editorial da poesía galega no país- Poemas de ti e de min, obra realizada en diálogo polos dous irmáns Álvarez Blazquez. A proposta estética da obra é claramente imaxinista no caso de Emilio, mentres que Xosé María combina imaxinismo e neotrobadorismo.

¿Qué hora é?

biblomagda @ 19:17

XA VEDES... ¡É HORA DE LER!

13/05/2008 GMT 1

Primeira Xornada "PROXECTO LECTOR"

biblomagda @ 22:07

proxecto_lector.jpgHoxe, martes 13 de Maio, tivo lugar a primeira xornada sobre a elaboración do Proxecto Lector dun centro educativo impartida por Dª Pilar Sampedro Martínez, que traballa xunto con Cristina Novoa na Asesoría de Bibliotecas Escolares galegas. Foi unha exposición extensa e chea de contidos interesantes sobre o tema.
Comezou por reseñas lexislativas para ir adentrándose pouco a pouco no xeito de elaborar un plan lector próximo ás características de cada centro.
Un proxecto consensuado que non sexa somentes un documento para arquivar senon que prime especialmente a parte práctica de cara á consecución da mellora da capacidade de comprensión lectora dos alumnos.
OBXECTIVOS DO PROXECTO LECTOR:
1.-Desenvolver a competencia lectora
2.-Favorecer a competencia literaria
3.-Educar no uso crítico da información
4.-Fomentar o hábito da lectura
5.-Apoiar a adquisición das competencias básicas.

11/05/2008 GMT 1

Unha Biblioteca Infantil

biblomagda @ 20:52

A Biblioteca Infantil ofrecería aos nenos de 3 a 6 anos un espazo amable e divertido onde poderían achegarse afectivamente á palabra escrita.

O criterio actual dunha biblioteca infantil é moi semellante ao dunha ludoteca xa que sabemos que hai que fomentar a afición aos libros dun xeito lúdico.

Debe ser un espazo propio, ben decorado, luminoso e amplo onde se podan levar a cabo sesións de conta contos, monicreques, proxeccións e manualidades relacionadas cos contos contados.

Sería desexable que no CEIP “A Magdalena” existise un aula destinada a Biblioteca Infantil, con mobiliario axeitado e coas características antes sinaladas. Algunhas destas imaxes amosan a sala infantil dos centros.


Non deixa de ser un desexo, non moi costoso e que atraería aos nenos ao mundo dos libros.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis