Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

BIBLIOTECA CEIP MAGDALENA

02/05/2008 GMT 1

Para os máis pequenos

biblomagda @ 21:21

lobosen.jpg

 

 Colectivo Crisol: O lobo sen rabo
Ilustracións de Pepe Carreiro
Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra.
Promocións Culturais Galegas. Vigo, 2000

Andaba un lobo esfameado buscando na comida e bateu con dous carneiros, que aceptaron que os comese pero antes tiña que lles axudar a partir o prado; cando el estaba no choio, aproveitaron para darlle unha atopada na paíña e liscou arrabeado. Atopou logo unha besta coa cría, que se deixaban comer se lles sacaba os picos dos cascos: cando llelos ía sacar a besta deulle tal couce que lle parteu a testa. Nun forno, dúas cabuxas pedíronlle que antes de comelas lles cantase a Misa do Galo: cando ía comezar, botáronse a el, que por sorte escapou vivo. Como se foi laiar ao pé dun carballo, un carpinteiro que estaba aserrando ao oílo deixou caer o machado e sen querer querendo cortoulle o rabo.
E fuxiu o lobo aínda máis enfadado, coa tripa baleira e por riba sen rabo.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis